Un ano máis o CEIP Josefa Alonso de Matamá vén de celebrar o Samaín. Pero… que é o Samaín?
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
É unha tradición aínda hoxe presente en numerosas pedanías rurais das comunidades do norte e centro da Península Ibérica: Galiza, Asturias, Aragón, Cantabria, Castela-León, Madrid, Cuenca, Guadalajara..etc.
http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html
Dende aquí queremos ensinarvos algunhas das actividades que fixemos:
Concurso de historias de terror.
Semana de curtas de Samaín.
Receitas de cociñas con cabazas
Para ver as fotos da galería, lembrade que hai que entrar con contrasinal.
Enlace á galería da torta de cabaza realizada polo alumnado de 5º de Educación infantil
Enlace á galería da torta de cabaza elaborada polo alumnado de 4º de Educación Infantil
Preparamos un baile e unha canción:
Enlace á galería de fotos
Se queres escoitar a canción que preparamos, preme no seguinte enlace:
MONSTROS E DEMAIS (MAMÁ CABRA)
Algúns dos nosos traballos
Visit My Photos - 19 Pics | ||
TRABALLOS SAMAÃN |