Normalización Lingüística do CEIP Josefa Alonso
martes, 31 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
mércores, 4 de maio de 2016
venres, 29 de abril de 2016
COPLAS DOS MAIOS 2016
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR AS COPLAS DOS MAIOS 2016
COPLAS
DOS MAIOS 2016
Hoxe
todos os meniños cantamos á nosa Terra,
con
gaiteiros no Torreiro celebramos unha festa.
No
cole de Matamá hai un maio moi bonito
que
está feito con colares, con colares de pampillos.
Xa
chegou o mes de maio á nosa fermosa ría,
onde
queremos ir todos a pescar unhas sardiñas.
En
maio chegan as flores e bailamos nesta festa,
cantaremos
todos xuntos porque xa é primavera.
Cando
chega o mes de maio e cantan os reiseñores,
cando
chega o mes de maio sempre nacen os amores.
Hoxe
é día de festa, temos o corazón cheo,
están
as nubes sorrindo e caen flores do ceo.
Abrazádeme
amiguiños que chegou a primavera,
abrazádeme
amiguiños, vaite inverno coa marea.
Xa
remata o noso maio, cargado de moitas flores
agora
nos despedimos desta gran festa de cores.
venres, 15 de abril de 2016
SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2016
O AUTOR HOMENAXEADO DESTE 2016, É MANUEL MARÍA. PODEDES ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE ESTE AUTOR E MOITOS RECURSOS PARA TRABALLAR SOBRE EL PREMENDO NESTA IMAXE.
TAMÉN ATOPAREDES INFORMACIÓN E RECURSOS PREMENDO NAS SEGUINTES IMAXES
ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL 2016
A ANPA do noso cole, organiza:
- VI Certame Literario de Poesía e Relatos Curtos.
- VI Concurso de Debuxo e Obradoiro de Creatividade.
Con premios para os gañadores moi especiais... ENTRADAS PARA O CINE!!!
ANIMÁDEOS A PARTICIPAR!
Amplíase o prazo de entrega dos traballos ata o martes 10 de maio.
Tamén haberá espazo nesta Semana Cultural para outras actividades moi interesantes e que agradecemos de antemán a nosa ANPA pola súa especial colaboración.
LUNS 9 DE MAIO
Actuación de MAGÍN BLANCO, que nos achegará, entre outras cousas, cancións como "Roda, roda", incluída no seu libro CD "Canta o cuco" onde versiona, xunto a cantante Uxía Senlle, poemas de Manuel María.
Aquí tedes algún vídeos sobre este proxecto.
XOVES 12 DE MAIO
Neste día teremos a sorte de contar con MARCOS ALONSO, pai de Antón de 3º E.P. e de Yuri de 5º de E.I., que nos dará unha charla sobre a Historia de Matamá e que ten un libro pendente de publicar sobre este tema.
De seguro que aprenderemos moitas cousas moi interesantes sobre a nosa parroquia!
MÉRCORES 18 DE MAIO
Charla de CHUS LAGO, Concelleira Delegada da Área de Medio Ambiente e Vida Saudable, que nos falará sobre a súa incrible experiencia no Everest pois foi a primeira muller española e a terceira do mundo en coroar o Everest, o cumio máis alto do planeta (8.848m), sen osíxeno artificial, pero tamén foi a primeira española en chegar ao Polo Sur en solitario... Como vedes, a súa vida está chea de retos e por iso falaranos tamén da importancia do esforzo e a superación persoal para desenvolvernos na nosa vida.
XOVES 19 DE MAIO
Musical "O BIGOTE DE MIMÍ", Espectáculo baseado no libro infantil de Manuel María do mesmo nome e que poderemos disfrutar ao grande no Auditorio da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá.
Unha proposta escénica na que uns músicos e un titiriteiro únense para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión.
Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.
Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.
VÍDEO PRESENTACIÓN
ENLACE PARA TRABALLAR ESTA OBRA DE MANUEL MARÍA. PREME NA IMAXE PARA IR AO ENLACE.
NESTE ENLACE PODERES IR DIRECTAMENTE Á PÁXINA WEB DO AUTOR DESTE MUSICAL.
NO APARTADO "AMODIÑO" ESTÁ A CANCIÓN COA QUE O MÚSICO DESPIDE TODOS OS SEUS CONCERTOS E QUE PODEDES APRENDER...
luns, 11 de abril de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)