O AUTOR HOMENAXEADO DESTE 2016, É MANUEL MARÍA. PODEDES ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE ESTE AUTOR E MOITOS RECURSOS PARA TRABALLAR SOBRE EL PREMENDO NESTA IMAXE.
TAMÉN ATOPAREDES INFORMACIÓN E RECURSOS PREMENDO NAS SEGUINTES IMAXES
ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL 2016
A ANPA do noso cole, organiza:
- VI Certame Literario de Poesía e Relatos Curtos.
- VI Concurso de Debuxo e Obradoiro de Creatividade.
Con premios para os gañadores moi especiais... ENTRADAS PARA O CINE!!!
ANIMÁDEOS A PARTICIPAR!
Amplíase o prazo de entrega dos traballos ata o martes 10 de maio.
Tamén haberá espazo nesta Semana Cultural para outras actividades moi interesantes e que agradecemos de antemán a nosa ANPA pola súa especial colaboración.
LUNS 9 DE MAIO
Actuación de MAGÍN BLANCO, que nos achegará, entre outras cousas, cancións como "Roda, roda", incluída no seu libro CD "Canta o cuco" onde versiona, xunto a cantante Uxía Senlle, poemas de Manuel María.
Aquí tedes algún vídeos sobre este proxecto.
XOVES 12 DE MAIO
Neste día teremos a sorte de contar con MARCOS ALONSO, pai de Antón de 3º E.P. e de Yuri de 5º de E.I., que nos dará unha charla sobre a Historia de Matamá e que ten un libro pendente de publicar sobre este tema.
De seguro que aprenderemos moitas cousas moi interesantes sobre a nosa parroquia!
MÉRCORES 18 DE MAIO
Charla de CHUS LAGO, Concelleira Delegada da Área de Medio Ambiente e Vida Saudable, que nos falará sobre a súa incrible experiencia no Everest pois foi a primeira muller española e a terceira do mundo en coroar o Everest, o cumio máis alto do planeta (8.848m), sen osíxeno artificial, pero tamén foi a primeira española en chegar ao Polo Sur en solitario... Como vedes, a súa vida está chea de retos e por iso falaranos tamén da importancia do esforzo e a superación persoal para desenvolvernos na nosa vida.
XOVES 19 DE MAIO
Musical "O BIGOTE DE MIMÍ", Espectáculo baseado no libro infantil de Manuel María do mesmo nome e que poderemos disfrutar ao grande no Auditorio da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá.
Unha proposta escénica na que uns músicos e un titiriteiro únense para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión.
Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.
Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.
VÍDEO PRESENTACIÓN
ENLACE PARA TRABALLAR ESTA OBRA DE MANUEL MARÍA. PREME NA IMAXE PARA IR AO ENLACE.
NESTE ENLACE PODERES IR DIRECTAMENTE Á PÁXINA WEB DO AUTOR DESTE MUSICAL.
NO APARTADO "AMODIÑO" ESTÁ A CANCIÓN COA QUE O MÚSICO DESPIDE TODOS OS SEUS CONCERTOS E QUE PODEDES APRENDER...