mércores, 19 de febreiro de 2014

CENTENARIO DO NACEMENTO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO




“Un descoñecido incluso para os seus propios veciños. Velaquí o paradoxo de Xosé María Díaz Castro, autor dunha única obra, Nimbos, que marcou a literatura galega do século XX. O talento poético, a humildade e o silencio arredor dunha vida inzada de múltiples enigmas.
Esta é a premisa argumental de O instante eterno, un documental sobre o poeta de Guitiriz no que se comezou a traballar a comezos do 2011, coa intención de estrealo coincidindo co centenario do seu nacemento, o 19 de febreiro do 2014. Logo, en xuño do 2013, a Real Academia Galega designou a Díaz Castro como o autor ao cal se dedicará o Día das Letras Galegas do vindeiro ano” (Xosé Antón Cascudo)