mércores, 4 de maio de 2016

MAIOS 2016

AQUÍ TEDES UN ENLACE A UN LIM SOBRE OS MAIOS. PREME NA IMAXE PARA VELO.

http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/a_festa_dos_maios/lim.swf?libro=a_festa_dos_maios.lim

venres, 29 de abril de 2016

COPLAS DOS MAIOS 2016

https://soundcloud.com/user893612732/copla-maio-2016
PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR AS COPLAS DOS MAIOS 2016

COPLAS DOS MAIOS 2016

Hoxe todos os meniños cantamos á nosa Terra,
con gaiteiros no Torreiro celebramos unha festa.

No cole de Matamá hai un maio moi bonito
que está feito con colares, con colares de pampillos.

Xa chegou o mes de maio á nosa fermosa ría,
onde queremos ir todos a pescar unhas sardiñas.

En maio chegan as flores e bailamos nesta festa,
cantaremos todos xuntos porque xa é primavera.

Cando chega o mes de maio e cantan os reiseñores,
cando chega o mes de maio sempre nacen os amores.

Hoxe é día de festa, temos o corazón cheo,
están as nubes sorrindo e caen flores do ceo.

Abrazádeme amiguiños que chegou a primavera,
abrazádeme amiguiños, vaite inverno coa marea.

Xa remata o noso maio, cargado de moitas flores
agora nos despedimos desta gran festa de cores.



venres, 15 de abril de 2016

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS 2016


O AUTOR HOMENAXEADO DESTE 2016, É MANUEL MARÍA. PODEDES ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE ESTE AUTOR E MOITOS RECURSOS PARA TRABALLAR SOBRE EL PREMENDO NESTA IMAXE.

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/18.htm

TAMÉN ATOPAREDES INFORMACIÓN E RECURSOS PREMENDO NAS SEGUINTES IMAXES

http://coordinadoraendl.org/letras2016/index.html


http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/dia-das-letras-galegas

ACTIVIDADES DA SEMANA CULTURAL 2016


A ANPA do noso cole, organiza:


 - VI Certame Literario de Poesía e Relatos Curtos.
 - VI Concurso de Debuxo e Obradoiro de Creatividade.

Con premios para os gañadores moi especiais... ENTRADAS PARA O CINE!!!
ANIMÁDEOS A PARTICIPAR!
Amplíase o prazo de entrega dos traballos ata o martes 10 de maio.

Tamén haberá espazo nesta Semana Cultural para outras actividades moi interesantes e que agradecemos de antemán a nosa ANPA pola súa especial colaboración.

LUNS 9 DE MAIO

Actuación de MAGÍN BLANCO, que nos achegará, entre outras cousas, cancións como "Roda, roda", incluída no seu libro CD "Canta o cuco" onde versiona, xunto a cantante Uxía Senlle, poemas de Manuel María.
Aquí tedes algún vídeos sobre este proxecto.




XOVES 12 DE MAIO

Neste día teremos a sorte de contar con MARCOS ALONSO pai de Antón de 3º E.P. e de Yuri de 5º de E.I., que nos dará unha charla sobre a Historia de Matamá e que ten un libro pendente de publicar sobre este tema.
De seguro que aprenderemos moitas cousas moi interesantes sobre a nosa parroquia!

MÉRCORES 18 DE MAIO

Charla de CHUS LAGO, Concelleira Delegada da Área de Medio Ambiente e Vida Saudable, que nos falará sobre a súa incrible experiencia no Everest pois foi a primeira muller española  e a terceira  do mundo en coroar o Everest, o cumio máis alto do planeta (8.848m), sen osíxeno artificial, pero tamén foi a primeira española en chegar ao Polo Sur en solitario... Como vedes, a súa vida está chea de retos e por iso falaranos tamén da importancia do esforzo e a superación persoal para desenvolvernos na nosa vida.




XOVES 19 DE MAIO

Musical "O BIGOTE DE MIMÍ", Espectáculo baseado no libro infantil de Manuel María do mesmo nome e que poderemos disfrutar ao grande no Auditorio da Sociedade Cultural Deportiva Atlántida de Matamá.

      Unha proposta escénica na que uns músicos e un titiriteiro únense para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padeceu as consecuencias dunha pésima decisión.
      Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias.
     Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.


VÍDEO PRESENTACIÓN


ENLACE PARA TRABALLAR ESTA OBRA DE MANUEL MARÍA. PREME NA IMAXE PARA IR AO ENLACE.
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/upload/recursos/cat_2/28/o-bigote-de-mimi-[dobre-pauta].pdf

NESTE ENLACE PODERES IR DIRECTAMENTE Á PÁXINA WEB DO AUTOR DESTE MUSICAL.
http://www.luisvallecillo.es/

NO APARTADO "AMODIÑO" ESTÁ A CANCIÓN COA QUE O MÚSICO DESPIDE TODOS OS SEUS CONCERTOS E QUE PODEDES APRENDER...



luns, 11 de abril de 2016

ESCRIBIMOS GALEGO

I CONCURSO DE DELETREO DO CEIP JOSEFA ALONSO DE ALONSO, CURSO 2015-16.