luns, 11 de abril de 2016

CORRELINGUA 2016

O VINDEIRO 6 DE MAIO PARTICIPAREMOS NO CORRELINGUA 2016

Un ano máis comeza o Correlingua que, desta volta, vai ter por lema:
"O GALEGO ESTÁ EN NÓS"
Unha mensaxe inspirada nun dos participantes máis ilustres cos que contou o Correlingua, o poeta Manuel María, que será homenaxeado este ano 2016.
Nunha das súas obras máis senlleiras, "Os soños na Gaiola", Manuel María escribía:
Galicia somos nós:
A xente e máis a fala
¡Si buscas a Galicia
En ti tes que atopala!