domingo, 21 de febreiro de 2016

O vindeiro mércores 24 de febreiro, celebramos o "DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO". Esta data  está fixada no Calendario do Libro e da Lectura como  aniversario do seu nacemento.
Traballaremos nas aulas a súa vida e obra; aprenderemos algún poemas para recitalos aos nos@s compañeir@s e ata faremos uns retratos dela moi especiais... Estade moi atentos!
Aquí tedes algúns enlaces e vídeos para coñecela un pouquiño mellor. Preme nas imaxes para poder velos.


http://rosalia.gal/

http://rosalia.educabarrie.org/menu


http://www.chiscos.net/xestor/chs/ninivarela/xogando_con_rosali_a3/lim.swf?libro=xogando_con_rosali_a.lim


https://prezi.com/zuxoa2jr-7rf/rosalia-de-castro/?auth_key=a3018916ec70ee1620142b9badb4107a0ba70de8


https://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/poema/rosalia.html

Vídeo sobre o poema "Adeus ríos, adeus fontes",cantada por Amancio Prada.



A cantante galega Uxía Senlle, en colaboración coa Editorial Galaxia, editou 'Rosalía Pequeniña', un libro-disco infantil no que canta poemas de Rosalía de Castro co obxectivo de difundir entre os nen@s a figura da poetisa galega. 
No libro, ilustrado por Marina Seoane, recóllense nove poemas de Rosalía de Castro, ademais dunha composición realizada pola propia Uxía, titulada 'Rosalía Pequeniña', que abre este disco no que colaboraron outros numerosos artistas.