sábado, 26 de decembro de 2015

                  MOITAS GRAZAAAS!!!


   A todas as familias, nenas e nenos, que participaron na nosa CAMPAÑA DE NADAL de recollida de xoguetes, facendo un esforzo e doando un xoguete novo ou seminovo para outr@s nen@s en risco de exclusión social.

      O proxecto posto en marcha por ASDEGAL (ONG de Acción Solidaria de Galicia) e FERREIRA E VILA AVOGADOS, consistiu no intercambio dun libro por un xoguete e presentouse como un voluntariado para nen@s.

AULA DE 6º DE E.P.

     Queremos tamén agradecerlle a Lara de ASDEGAL a súa visita ao noso cole para falarnos deste proxecto e a sesión de contacontos que fixo para os máis pequenos sobre o libro a intercambiar "Outra historia de carapuchiña vermella", así como tamén á súa autora, a avogada Sara Rodríguez Vila, que quiso explicar nel a súa profesión aos máis pequenos e facer o mesmo tempo unha labor solidaria doando os contos para este "troco solidario".