xoves, 12 de novembro de 2015

A celebración do Samaín deu moito de si...
Fixemos unhas receitas de cociña terroríficas...



E con todas elas fixemos unha GRAN MERENDOLA







Unha misteriosa bruxa acompañada dos seus axudantes, fíxonos unha beberaxe moi especial para a merenda.





@s gañador@s deste "II Concurso de Cabazas" foron...

CARMEN DE 6º E.I., PREMIO Á CABAZA MÁIS TERRORÍFICA

MARA DE 3º E.P., PREMIO Á CABAZA MÁIS ELABORADA


CARMEN DE 2º DE E.P. PREMIO Á CABAZA MÁIS ORIXINAL



NORABOA a tod@s os participantes!!! A decisión do xurado foi moi, moi difícil de tomar.


O CEIP Carlos Casares de Nigrán colaborou con nós para prestarnos unha curtametraxe feita polo seu alumnado relacionada co samaín e que proxectamos no ximnasio.

Por último, cantamos e bailamos a canción deste ano: "No Samaín" de  Paco Nogueiras.