Como novidade o presente curso quixemos traballar a partir de un Proxecto Documental Integrado, durante o curso 2013-2014 o tema elexido foi a Pintura.
Que é un Proxecto Documental Integrado?
Son actividades nas que o alumnado, ademais de investigar sobre un tema ou problema concreto, neste caso a pintura, familiarízase cos mecanismos de procura de información e traballo intelectual, empregando para iso os recursos documentais e audiovisuais da Biblioteca Escolar.
Son proxectos porque se desenvolven mediante unha metodoloxía activa e colaborativa para desenvolver competencias básicas. Son documentais porque a partir dos documentos que atesouran as nosas bibliotecas escolares axudan a que os mozos e as mozas constrúan o seu coñecemento, sexan creativos e capaces de comunicar o que entenden. Por fin, son integrados porque ademais permiten integrar aprendizaxes de diferentes disciplinas e serven para achegar o mundo escolar á vida corrente.
Estes proxectos constan de 3 fases:
1. Investigación: partimos dos coñecementos do alumnado sobre o aspecto pictórico a tratar e elaboramos unha liña de traballo.
2. Elaboración de traballos.
3. Exposición á comunidade.Os traballos realizados serán expostos de cara ao final de curso.
Queremos ir adiantando unha mostra deste Proxecto Documental Integrado en forma de calendario, na que os pintores e pintoras galegas son os protagonistas. Disfrutádeo.